Blogia
ALIVÍA

29 de FEBREIRO de 2008 ANO BISESTO

29 de FEBREIRO  de 2008  ANO BISESTO

Chámase ano bisesto ao ano que posúe un día a máis que os anos comúns. O obxectivo é manter o calendario utilizado en sincronía cos eventos estacionais relacionados coas estacións do ano. No caso do calendario gregoriano, asígnaselle 1 día extra cada 4 anos no mes de febreiro, que pasa a ter 29 días (e o ano 366 días) en vez de 28 como nos anos comúns de 365 días, co fin de equilibrar a duración do ano solar co calendario

A razón de que existan anos bisestos é que a Terra non tarda exactamente 365 días en dar a volta arredor do Sol, senón que tarda aproximadamente 365,25 días solares (1 ano trópico) (*). Pero como o ano común ten 365,000 días solares exactos, ese sobrante anual dunhas 6 horas representa case 1 día cada 4 anos, que se lle engade ao mes de febreiro por motivos históricos.

(*) a duración do ano trópico é lixeiramente menor (365,242190) e varía de ano en ano.

Se non houbese anos bisestos, as estacións do ano anticiparíanse gradualmente co pasar dos anos, debido á falta de sincronía entre o ano trópico e o ano estacional, ocasionando confusións en sectores como a agricultura. De feito iso aconteceu e foi a razón do paso do calendario xuliano ao calendario gregoriano.

No calendario gregoriano, o ano bisesto é aquel que é múltiplo de 4, excepto os múltiplos de 100 (que non son bisestos) que non sexan múltiplos de 400.

  • Son polo tanto bisestos:
  • Os múltiplos de 4 e non múltiplos de 100: 1996, 2004, 2008 e 2012
  • Os múltiplos de 400: 1600, 2000, 2400
  • Non son bisextos:
  • Os múltiplos de 100 e non de 400: 1700, 1800, 1900 e 2100

0 comentarios